mercredi 12 mai 2010

Les montres suisses

Os reloxos suizos teñen moita sona: calidade excelente, precisión, resistencia na auga e aos golpes, calidade estética, formas elegantes e de grande orixinalidade son algunhas das características máis senlleiras.
Apareceron no século XVI, cando coas reformas implantadas por Jean Calvin foron prohibidas as xoias e os seus fabricantes adicaron as súas enerxías aos reloxos.
Foron, ademáis os primeiros reloxos de pulso, os primeiros de cuarzo, os que antes se fixeron resistentes a auga.
Prodúcense de xeito masivo dende o século XX. Moitas e moi variadas son as súas marcas, entre elas: Adee Kaye, Audemars Piguet, Blancpain, Breguet, Breitling, Bulgari, Cartier, Corum, Corvette, Ebel, Frederique Constant, Geneve, IWC Schaffhausen, Invicta, Jaeger Lecoultre, Luminox, Montblanc, Mauboussin, Paul Picot, Rado, Swatch, Swiss Army, Tissot, Vicence, Wenger, Wittnauer.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire