Antes de chamarse "La France" , o país veciño chamábase "La Gaule". Estaba poboado por uns "Celtas", cuio nome era "Galos". Os Galos vivían en Gallia (Francia) mais tamén en Bélxica, Alemaña- na parte esquerda do Rhin-, Suiza e Italia do norte. Divididos en numerosos pobos, estaban relacionados entre eles.
Os franceses acoden a este pasado real, ficticio ou mítico para explicar as raíces da súa nación. Entre os seus símbolos atópanse dúas personaxes moi queridas de todos: Astérix e Obélix, personificacións dos estereotipos vinculados aos habitantes da actual Galia: racionalismo e espírito práctico, intelixencia e astucia, mais tamén bonomía e gosto pola gastronomía e pola defensa dos amigos.. .que raia mesmo un pouco no chauvinismo. Non en van, a fraser preferida de Obélix é "Están loucos estes Romanos".
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire