dimanche 1 mai 2011

Mon expérience lectrice

Reseña:



Indignádevos!, é un ensaio parcialmente autobiográfico, cuxa principal meta é, como di na última páxina, “realizar un chamamento á indignación”.
Stéphane Hessel, de 93 anos, autor do libro en cuestión e sobrevivente na Resistencia francesa á ofensiva nazi, aporta datos históricos, vividos por el, ademais de numerosos razoamentos argumentados, cada un máis acertado que o anterior.
Con esta obra, Hessel, pretende deixar de herdo ás próximas xeracións os seus ideais, que son os CNR (Consello Nacional de Resistencia), de gozar do pracer de indignarse, porque tal como deixa claro en Indignádevos! o estado de indiferenza deixa un oco moi grande na personalidade de cada individuo.

Experiencia persoal de lectura
Hei de dicir que cando me planteei ler este libro non me esperaba algo de este estilo, senón algo máis ben literario. De todos modos, e contradicindo os meus plans, Hessel conseguiu que me interesase ao cen por cen por un tema que anteriormente non me chamaba especialmente a atención. Sinceramente, invito a calquera persoa a disfrutar do que Stéphane Hessel nos conta coas súas palabras tan sentimentalmente cargadas.




Bruroba 1º A Bac

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire